Quenes somos

Un equipo ao teu servicio

Hoteis con alma

 

Iberik Hoteis nace tras a pandemia, nun momento de transformación e de cambio. Nós personificamos esta dualidade na que vivimos: queremos preservar o que sempre foi importante, mentres abrazamos as novas perspectivas e realidades que nos están tocando vivir.

Cambiamos, adaptámonos, sí, pero sen descoidar os pequenos detalles de sempre, que fan que cando vés a un dos nosos hoteis te sintas como na casa.

Para iso son necesarios uns valores firmes, que son os cimentos do noso proxecto: o compromiso, a fidelidade, a visión e a vocación de servizo.

Cada día esforzámonos por brindar a mellor atención e unha experiencia excepcional a cada un dos nosos valiosos clientes.

A NOSA FORTALEZA, A DIVERSIDADE

 

A saúde termal é un dos valores troncais de Iberik hoteis. Non en balde contamos con tres Hoteis Balneario. Dous están na provincia de Lugo: o Gran Balneario de Guitiriz **** e Augas Santas Balnerario & Golf **** situado no corazón da Ribeira Sacra. Complementamos a nosa oferta con Rocallaura Balneari **** en Lleida.

 

O noso hotel urbano Santo Domingo Praza Hotel ****, no corazón de Oviedo, é perfecto tanto para viaxes de negocios como de lecer, aproveitando para gozar da cultura e gastronomía asturianas.

 

Por último, Casa Vilamor representa á perfección a serenidade da vida no campo nunha casa centenaria, onde a natureza emblemática da Ribeira Sacra encherate de paz.

CÓMO VEMOS O FUTURO?

 

Con optimismo, sen dúbida.

Queremos expandir a experiencia IBERIK e para iso trazamos un ambicioso camiño. Dende agora ata o 2026, temos como obxectivo a adquisición de cinco novas unidades de negocio no norte de España.

Estas incorporacións á familia de Iberik Hoteis permitirannos seguir crecendo e brindar as nosas experiencias únicas a un público aínda máis diverso.

Necesitas falar connosco?

 

Escríbenos!

Autorizo o envío de comunicacións comerciais