AVISO LEGAL

Información legal de Iberik Hoteles.

Aviso legal

 

INVERSIONES CIMA DE VILA, S.L, responsable do sitio web, en diante RESPONSABLE, pon a disposición dos usuarios este documento, co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), BOE N.o 166, así como informar a todos os usuarios do sitio web respecto a cales son as condicións de uso.
Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación.
INVERSIONES CIMA DE VILA, S.L resérvase o dereito de modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sin que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios destas obrigas, entendéndose como suficiente a publicación no sitio web de INVERSIONES CIMA DE VILA, S.L.

 

1. DATOS IDENTIFICATIVOS

Nome de dominio: iberikhoteles.com
Nome comercial: IBERIK HOTELES
Denominación social: INVERSIONES CIMA DE VILA, S.L
NIF: B32467094
Enderezo social: Rúa Norte 4, (Galerías Adan) 32500 CARBALLIÑO (OURENSE)
Teléfono: 988782742
E-mail: protecciondatos@iberikhoteles.com
Inscrita no Rexistro Mercantil de Ourense, Tomo 870 do Arquivo, Sección Xeral, folio 87, folla  nº OR-15103, inscrición 1a.

 

2. DERECHOS DE PROPIEDAD INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O sitio web, incluíndo de xeito enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos precisos para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos, son propiedade do RESPONSABLE ou, no seu caso, dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos autores. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes. Independentemente da finalidade para a que fosen destinados, a reprodución total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización, require en todo caso a autorización escrita previa por parte do RESPONSABLE. Calquera uso non autorizado previamente considérase un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor. Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos ao RESPONSABLE e que pudiesen aparecer no sitio web, pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos responsables de calquera posible controversia que pudiese suscitarse respecto aos mesmos. O RESPONSABLE autoriza expresamente a que terceiros poidan redirixir directamente aos contidos concretos do sitio web e, en todo caso, redirixir ao sitio web principal de iberikhoteles.com.
O RESPONSABLE recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial, non implicando a súa mención ou aparición no sitio web a existencia de dereitos ou responsabilidade algunha sobre os mesmos, como tampouco apoio, patrocinio ou recomendación por parte do mesmo. Para realizar calquera tipo de observación respecto a posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do correo electrónico
 protecciondatos@iberikhoteles.com

 

3. EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADES

O RESPONSABLE exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web sempre que esta información teña sido manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo.

 

Uso de Cookies

Este sitio web pode empregar cookies técnicas (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina) para levar a cabo determinadas funcións que son consideradas imprescindibles para o axeitado funcionamento e visualización do sitio. As cookies empregadas teñen, en todo caso, carácter temporal, coa única finalidade de facer máis eficaz a navegación, e desaparecen ao rematar a sesión do usuario. En ningún caso, estas cookies proporcionan por sí mesmas datos de carácter persoal e non se empregarán para a recollida dos mesmos. Mediante o uso de cookies tamén é posible que o servidor donde se atopa a web recoñeza o navegador utilizado polo usuario coa finalidade de que a navegación sexa más sinxela, permitindo, por exemplo, o acceso dos usuarios que se teñan rexistrado previamente ás áreas, servizos, promocións ou concursos reservados exclusivamente a eles sen teren que rexistrarse en cada visita. Tamén se poden empregar para medir a audiencia, parámetros de tráfico, controlar o progreso e número de entradas, etc., sendo nestes casos cookies prescindibles tecnicamente, pero beneficiosas para o usuario. Este sitio web non instalará cookies prescindibles sen o consentimento previo do usuario.  O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser alertado da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu equipo. Por favor, consulte as instrucións do seu navegador para ampliar esta información.

 

Política de ligazóns

Desde o sitio web, é posible que se redirixa a contidos de terceiros sitios web. Dado que o RESPONSABLE non pode controlar sempre os contidos introducidos por terceiros nos seus respectivos sitios web, non asume ningún tipo de responsabilidade respecto a ditos contidos. En todo caso, procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección a dito sitio web, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.
O RESPONSABLE non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chats, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do RESPONSABLE. Con todo, e en cumprimento do disposto nos artigos 11 e 16 da LSSICE,  ponse a disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou, no seu caso, bloqueo de todos aqueles contidos que poidan afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, os dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. No caso de que o usuario considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptible desta clasificación, prégase o notifique de xeito inmediato ao administrador do sitio web. Este sitio web foi  revisado e probado para que funcione axeitadamente. En principio, pode garantirse o correcto funcionamiento os 365 días do año, 24 horas ao día. Non obstante, o RESPONSABLE non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que acontezan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.

 

Enderezos IP

Os servidores do sitio web poderán detectar de maneira automática o enderezo IP e o nome de dominio utilizados polo usuario. Un enderezo IP é un número asignado automaticamente a un ordenador cando este se conecta a Internet. Toda esta información rexístrase nun ficheiro de actividade do servidor que permite o posterior procesamento dos datos coa fin de obter medicións unicamente estatísticas que permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos servidores web, a orde de visitas, o punto de acceso, etc.

 

4. LEY APLICABLE Y JURISDICCIÓN

Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais do enderezo do USUARIO ou o lugar do cumprimento da obriga.