IBERIK AUGAS SANTAS BALNEARIO & GOLF ****

Selecciona a data de chegada e a de saída
Cando?

    Confirmar

    Hóspedes
    Cantos?

    Confirmar

    Sobre nos

    Iberik Augas Santas Balneario & Golf está situado no corazón da Ribeira Sacra, un dos segredos mellor gardados da Galicia interior, onde as experiencias lúdicas e gastronómicas adquiren un gran protagonismo a través da comida, o viño e os cursos fluviais dos ríos Miño, Sil e Cabe.
     
    O complexo turístico está formado por un moderno hotel de 4 estrelas con 118 cuartos, un balneario de augas mineromedicinais que dá nome ao complexo e un campo de golf de 18 buratos.
     
    Os mananciais que abastecen o balneario son de augas sulfurosas, ideais para o tratamento de doenzas vinculadas ao aparello locomotor (artroses, lumbalxias …) así como lesións de carácter neurolóxico, das vías respiratorias e da pel. O balneario ofrece ademais zona de augas exterior.
     
    O campo de golf foi deseñado por Alfonso Vidaor, membro do Instituto Europeo de Arquitectos de Campos de Golf. Ofrece 18 buratos con percorrido par 70 nun terreo con suave relevo e ausencia total de urbanizacións ou vivendas, o que convirte o xogo nun paseo en plena natureza.
     
    Iberik Augas Santas Balneario & Golf é o lugar ideal para o descanso, para adentrarnos na Ribeira Sacra, para gozar dun balneario con varios séculos de historia e para percorrer un campo de golf en plena natureza.
    .

    Bonos regalo

    Agasalla momentos inesquecibles. Agasalla Iberik

    En Iberik deseñamos diferentes tipoloxías de bonos regalo que inclúen todo o que precisa un agasallo para ser inesquecible.
     
    Saúde, gastronomía e descanso en destinos con encanto.

    Contacto

    Zona Os Baños, Sn, 27430 Pantón, Lugo

    T. (+34) 982 292 800

    reservas.augassantas@iberikhoteles.com

    Autorizo o envío de comunicacións comerciais