Actualidade

03/06/2022

TURISMO TERMAL

Dun tempo a esta parte o turismo de balneario conta cada vez con máis adeptos e é que non hai dúbida dos beneficios que os seus tratamentos aportan ao organismo, cunha proposta á carta de cada doenza.
 
Desde Iberik Hoteles sempre insistimos na importancia de coñecer os distintos tipos de auga que se empregan nos circuítos hidrotermais e as súas propiedades, para acudir ao máis axeitado en función da necesidade física que teñamos.
 
E é que cada balneario traballa cun tipo de auga diferente, aínda máis, cada centro hidrotermal clasifícase segundo o tipo de auga que emprega. 

TIPOS DE AUGAS

Unha clasificación que saíu de Termalia, a Feria Internacional de Turismo Termal celebrada en 2019, en que un grupo de traballo formado por 21 especialistas de nove países (Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, España, México, Panamá e Portugal), reuniuse para crear un glosario de Termalismo e Benestar e identificar os distintos tipos de auga:

AUGA MINEROMEDICINAL / AUGA MINERAL NATURAL 

Son augas procedentes dunha fonte natural ou perforada, constantes na súa composición e caudal e que, pola súa composición química, física, físico-química e microbiolóxica teñen propiedades terapéuticas.

AUGA TERMAL 

Son aguas en que a súa temperatura de surxencia é superior, polo menos, en catro grados centígrados á temperatura media anual do lugar en que nazan, constantes na súa temperatura e caudal.

AUGA MARINA E DE LAGO SALGADO 

Son augas procedentes do mar, océano ou lago salgado, captadas en condicións de calidade e que, pola súa composición química, física, físico-química e microbiolóxica son aptas para uso humano. 

AUGA DE CONSUMO HUMANO / AUGA CORRIENTE 

Son augas que proveñen dunha traída de rede pública ou rede propia, que cumpre cos criterios de potabilidade e que, xa sexa no seu estado orixinal ou despois de tratamento, poden ser empregadas para o consumo e uso tópico.

 

A NOSA PROPOSTA

Segundo estes criterios de selección a auga que empregamos en Iberik Hoteles é sulfurada e bicarbonatada sódica en Iberik Augas Santas e sulfatada en Iberik Rocallaura, e é en base ás súas propiedades que deseñamos un completo programa de tratamentos. 

 

Queres probalos? Preme aquí!