Actualidade

25/05/2022

Golfista, Achéganse os teus vindeiros días de lecer e buscas un aloxamento en Galicia que se adapte aos teus hobbies? IBERIK conta cun hotel con campo de golf en Lugo. Prepárate para unhas relaxadas, divertidas e, sobre todo, merecidas vacacións.

O HOTEL

O IBERIK Augas Santas está catalogado como hotel de catro estrelas e, gracias á súa excelente localización, poderás gozar durante as túas vacacións dun dos tesouros da provincia galega: a Ribeira Sacra.
 
A gastronomía, actividades, viños e cursos fluviais que envolven este lugar axudaranche a desconectar da rutina e a vivir experiencias culturais incribles.
 
En canto ás súas instalacións, o complexo turístico está formado por un hotel con campo de golf en Lugo, 118 cuartos e un balneario de augas mineromedicinais.

O CAMPO

A primeira peculiaridade do campo de golf do IBERIK Augas Santas, é que foi deseñado por Alfonso Vidaor, membro do Instituto Europeo de Arquitectos de Campos de Golf. 
 
Cun terreo con suave relevo, así como greens francos e ben protexidos, o campo de golf exténdese en plena natureza por 5.344 m.
 
Ao longo do percorrido, entre os seus 18 buratos divididos en tres pares 5, dez pares 4 e cinco pares 3 (en total un par 70), atoparás tres grandes lagos, un curso fluvial e as instalacións deportivas do Club de Golf Augas Santas. Ditas instalaciónd están formadas por unha cancha de prácticas de dous andares de 220x100 metros e un putting-green con zona de aproach de 1.000 m².
 
No IBERIK Augas Santas, o hotel con campo de golf en Lugo, pretendemos achegar este marabilloso deporte a todas as persoas que amosan interese por el, independentemente da súa idade ou nivel.

O BALNEARIO

O balneario está abastecido por auga mineromedicinal dos propios manantiais sulfurosos de Augas Santas. Isto quere dicir que son beneficiosas para o tratamento de patoloxías locomotoras, neurolóxicas, respiratorias e cutáneas.

Cada unha das piscinas que compoñen o balneario está destinada a un tipo de uso ou actividade, por iso las temperaturas entre unhas e outras varían.

  • Poza fría 20 – 25ºC
  • Piscina activa 32 – 34ºC
  • Minipiscina de hidromasaxe 34 – 36ºC

Para temperaturas superiores aos 36ºC, os clientes que o desexen poderán facer uso das bañeiras de hidromasaxe da área de cabinas. Nelas poderán regular a temperatura de xeito individual pero, para temperaturas superiores a 37ºC, é obrigatorio realizar unha revisión coa directora médica.

Ademais, o balneario ofrece zona de augas exteriores e un catálogo de servizos que vai desde Técnicas hidrotermais a Técnicas Faciais, pasando por Técnicas Corporais.

Como poderás observar, o IBERIK Augas Santas Balneario & Golf **** é a experiencia perfecta para o descanso, e o hotel con campo de golf en Lugo idóneo no que perfeccionar o teu swing.