Actualidade

14/03/2022

Presentámosvos o noso Primeiro Concurso de relatos curtos: Relatos con Alma. 

Celebrámolo con motivo do día do libro, que será o vindeiro 23 de abril. Desde o 14 de marzo e ata o 10 de abril habilitamos un espazo na nosa web no que calquera persoa poderá inscribirse no concurso e subir os seus traballos. O fío temático é o noso favorito: viaxes e turismo.
 
Un xurado composto polo equipo de Iberik Hoteles elixirá os 10 relatos gañadores que se recompilarán nun libro. Este porase á venda no hoteis da cadea por un prezo simbólico. Como queremos facer as cousas con alma, a recadación íntegra das vendas doarase a organizacións benéficas: Grupalba, entidade de iniciativa social que ofrece atención integral a persoas con discapacidade e a colectivos en risco de exclusión; APACI, Asociación de Pais e Amigos das Cardiopatías Infantís, a asociación Ruliños Terras de Lemos, que axudan a nenos con necesidades especiais e ao Hospital San Juan de Deu de Barcelona.
 
Doutra banda, os autores dos relatos elixidos recibirán un exemplar do libro e unha estancia en calquera dos nosos hoteis.
 
Anímaste a participar?