Actualidade

22/11/2021

IBERIK Hoteles súmase ao Black Friday do 26 de novembro cun desconto do 50% nas reservas realizadas desde a web en calquera dos nosos catro hoteis: Augas Santas Balneario & Golf e Triacastela (Lugo), Santo Domingo (Oviedo) e Rocallaura (Lleida).

Augas Santas Balneario & Golf y Rocallaura

A escolla perfecta para os amantes do turismo termal.
Ambos cunhas modernas instalacións onde gozar dun completo circuíto cos últimos tratamentos hidrotermais nas súas piscinas activas: camas e asentos de hidromasaxe mediante a proxección de aire a presión, chorros e fervenzas coas que relaxar todo o corpo. Non podes esquecer pasar polas saunas secas, baños de vapor e as pozas frías ou solicitar calquera dos seus tratamentos.

Santo Domingo Plaza Hotel

Para os máis urbanos, en Oviedo sitúase o IBERIK Santo Domingo Plaza Hotel***, con 101 cuartos e localizado en pleno centro da cidade. A ubicación perfecta desde a que partir cara aos recunchos do paraíso natural do Principado.

Triacastela

O hotel ideal para o descanso no teu camiño a Santiago. Os seus equipamentos e deseño contemporáneo farán da túa estadía o punto de partida a unha nueva etapa.
Nestes intres atópase en pleno proceso de ampliación para en primavera estrear restaurante e novos cuartos.

Oferta Black Friday

En IBERIK Hoteles creamos unha oferta especial que inclúe un 50% de desconto nas 100 primeiras reservas que se realicen desde a nosa web o vindeiro 26 de novembro co código 100IBERIK. As cen estancias poderanse gozar en calquera dos nosos hoteis entre o 1 de decembro deste ano e o 31 de marzo de 2022.

Condicións

  • As Reservas son non reembolsables.
  • As reservas admiten cambio de data (a tarifa a aplicar neste caso será a da nova data escollida polo cliente).
  • Oferta aplicable ás 100 primeiras reservas realizadas desde a web.
  • Para beneficiarse do 50% de desconto deberase usar o código promocional 100IBERIK.
  • Desconto aplicable só ao importe total para reservas en tarifa estándar.
  • As datas para desfrutar da reserva van desde o  1 de decembro de 2021 ata o 31 de marzo de 2022.
     
    Agardamos por ti!

 

¡Te esperamos!