Actualidade

28/07/2022

En Iberik marcámonos como obxectivo posicionarnos entre as primeiras cadeas hostaleiras no 2030 e iso implica que non podemos parar de crecer e mellorar as nosas capacidades. Por ese motivo continuamos realizando investimentos na ampliación e mellora dos nosos hoteis.


Ampliación Iberik Triacastela

Rehabilitamos un edificio anexo ao hotel que supuxo a incorporación de oito habitacións, que se suman ás 16 que xa tiña este hotel, ademais dun novo comedor con capacidade para 34 persoas.

Tamén habilitamos un espazo de autoservizo de lavandería para os nosos hóspedes que conta con lavadoras e secadoras.

Iberik Triacastela é unha antiga casa señorial que se adaptou ás necesidades dos peregrinos que deciden facer o Camiño na súa vertente francesa e que, ademais do confort do espazo interior, poderán gozar da contorna natural no que se atopa.

 

 

Adquisición Casa Vilamor

Adquirimos Casa Vilamor, un aloxamento rural situado na localidade lucense do Saviñao, construído nun típico caserío de labranza galego do século XVIII que antigamente albergaba a escola do pobo e a vivenda do profesorado.

Sen perder a súa esencia e mantendo o hórreo e a antiga lareira, ademais da maior parte do antigo mobiliario e aveños, conta con sete habitacións, piscina, terraza exterior e comedor.

A localización perfecta en plena Ribeira Sacra para coñecer as ladeiras do río Miño, os Canóns do Río Sil, a viticultura heroica, o románico da zona e a súa excelente gastronomía.

 


Rehabilitación Hotel Balneario Guitiriz

Estamos a traballar na rehabilitación do antigo Hotel Balneario de Guitiriz, unhas instalacións que foran abandonadas e na que estamos a levar a cabo unha reforma integral de todas as súas instalacións e que esperamos ter a punto para que poidas gozar delas en xuño de 2023.

Trátase dun ambicioso proxecto que se sumará aos dous hoteis balnearios que xa temos operativos en Pantón, en pleno corazón da Ribeira SacraRocallaura, na Ruta do Císter.

 

 

Coas recentes incorporacións, os nosos hoteis contan na actualidade cun total de 317 habitacións e damos emprego a máis de 140 profesionais.

Grazas por formar parte da nosa gran familia!